Práctica 11: Ciberactivismo


Hoxe nesta entrada vou dar a miña opinión sobre o ciberactivismo.

Aínda que eu nesa semana non publicase nada en referencia a iso e tampouco o comentase con outra xente, isto pareceme unha forma de divulgación moi necesaria.

Na actualidade pasamos moito tempo conectados a internet o que nos pode supoñer unha pérdida de tempo ou podenos ensinar diferentes cousas e tamén abrirnolos ollos a outras cousas.

O ciberactivismo pareceme unha boa forma de divulgar unha causa ou unha ideoloxía. Ultimamente, as causas que máis se están apoiando son a diversidade de sexo, xénero,.. e tamén outra intentando mostrar como o noso planeta está cambiando por culpa do cambio climático.

En Boiro, hai grupos en defensa do feminismo e da diversidade, estou segura de que isto axudou a moita xente a aceptarse e tamén a defender os dereitos da muller que parace que moita xente os olvidou.

Os pros do ciberactivismo e que mediante internet podes chegar a calquera persoa do mundo que posua conexión a internet. Isto axuda a que a xente se poida unir a un movemento que surxiu na outra punta do planeta cando ti vives na outra. O que provoca que a xente se sinta máis apoiada ao ver que outras persoas a axudan a difundir esa causa.

Por outro lado os contras son que pode chegar a haber páxinas que non son seguras e tamén poden chegar a ser unha grande estafa na que ao final chegan a ser partícipes moita xente.

Dependendo da causa e do apoio que teña, pode chegar a ser moi importante como o movemento «Me Too» que axudou a moita xente a contar o abuso sexual que sufriran con anterioridade. Neste movemento participaron estrelas de cine, cantantes, famosos en xeral e persoas non famosas. Isto provocou unha gran revolta nos ámbitos sociais.

Outro movemento foi o de Greta Thunberg. Esta rapaza de 16 anos decidiu formar parte de folgas contra o cambio climático e calentamento global. Isto fixo que moita xente se concienciaara sobre esto e expandiuse por moitos países. Esta loita é moi activa xa que moita xente pensa como ela e gustaríalle que o mundo non acabase destruido por culpa dos humanos e a súa contaminación.

Para finalicar vou deixar unha causa que me gustaría que se apoiase:
https://secure.avaaz.org/campaign/es/plastic_in_paradise_loc/?slideshow

Comentarios